O Camiño é o fin, e a terra, polvorienta e de asfalto, é o medio de transitar por el. O Finis Terrae romano e anteriormente celta é o destino de miles de persoas durante estes anos de comezo do milenio. Parece ser que antes da aparición do corpo do apóstolo Santiago xa se ía a Finis Terrae, e alí miles de homes sentiron aquel "relixioso horror" ao ver apagarse o sol nas augas do océano.

Via Prata 2009





Percorrido pola vía da Prata. Maio do 2009.
Dous vídeos que resumen o noso percorrido pola Vía da Prata.

De Ponferrada a Compostela / Xuño 2007


Derradeiros 200 quilómetros do camiño de Santiago francés. Primeira experiencia ciclista de Brais, que non só me deixou sorprendido á min, senón a moitos dos peregrinos cos que nos cruzamos, pola súa boa forma física e psicolóxica. Os días de viaxe con Brais foron estupendos e dun gran entendemento; sen tele, sen computador, sen consola e sen ningún deses elementos que distorsionan a nosa relación

Vía da Prata / Maio 2006


Percorrido en bicicleta pola vía da prata desde Sevilla a Compostela. Arroupados polas múltiples fragrancias primaverais dos campos andaluces, comezamos a viaxe soportando temperaturas de 45 graos, rodando entre as espantadas dos cochinos ibéricos e sempre vixiados pola mirada do touro de lidia. A pegada romana déixase ver durante todo o percorrido, desde a calzada romana ata os restos do que foron pequenas e grandes cidades. Un gran percorrido, unha gran vía de comunicación, sinalizada aínda polos miliarios, testemuñas do que foi e é hoxe a vía da prata

Camiño Francés / Maio 2005


Camino de Santiago De Roncesvalles Compostela. O camiño francés é o camiño máis importante no chan español desde a idade media a Compostela. A Vía Francígena levaba desde o alto de Roncesvalles a Compostela, atravesando Navarra, A Rioxa, Castela, León e Galicia. Hoxe é coñecida por "Camiño Francés", a súa tradución á lingua romance.

De Leboreiro a Arzúa / Setembro 2004


Pasamos unha mañá con Brais e Adrián percorrendo un pequeno tramo do camiño de santiago francés. Aos rapaces gustoulles a experiencia e mataron a súa curiosidade sobre o camiño.

De A Gudiña a Fisterra / Maio 2004


Derradeiro tramo da vía da prata por terras galegas. Este tramo vai desde A Gudiña a Fisterra.

Camiño do Norte / Maio 2003


Camiño do Norte, tamén chamada ruta da costa. Partimos de Irún cara a Compostela levando de compañeiro de viaxe ó Cantábrico. Increibles paixaxes verdes acompañadas polo perfume do mar. Unha ruta pouco transitada pero de gran interés turístico, cultural e gastronómico.

Atlantic Vision

ATLANTIC VISION é a visión da Costa noroeste da Galiza dende o ollo de Javier Varela, que nos amosa a súa percepción de o novo e o vello, o natural e o artificial, luces, sombras, cores e cohabitación de vida e morte. Disfruta da salinidade das imaxes.